Equipo de última xeración con garantía de por vida, sinalización e vitrina con alarma.
Instalación de desfibriladores
en Galicia
Crea o teu espazo cardioprotexido. Desfibriladores de uso público e para profesionais sanitarios: axudámoste a escollelo, instalalo e mantelo, e formámoste no seu uso.

Cardioprotexemos espazos de todo tipo
O DESA axeitado para cada contorno
Reanibex 100
Desfibrilador semiautomático pensado para que calquera persoa poida actuar e salvar unha vida. A opción ideal para centros deportivos, centros educativos, residencias e calquera outra instalación comercial ou empresarial.
- Sen cargos adicionais polo mantemento anual, que pode realizar o propio cliente
- Material funxible con máis de 2 anos de caducidade
- Equipo con desfibrilación ultrarrápida grazas ao seu sistema de precarga
- Eléctrodos compatibles para uso adulto-pediátrico
- Único equipo do mercado con opción de idioma en galego
Facemos un estudo gratuíto do teu espazo e recomendámosche o equipo e a localización óptima. Tamén dispoñemos de desfibriladores para contornos hospitalarios.
Ver a nosa gamaTodo incluído para protexer o teu espazo.
Todo o que necesitas para cumprir a normativa, nun plan adaptado.
SVB e uso do DESA con certificado oficial, impartida por persoal sanitario en activo.
Instalación e configuración do equipo no momento da entrega. Listo para usar.
Mantemento preventivo e posterior ao uso: batería, eléctrodos e autodiagnóstico.
Tramitamos a alta na Consellería de Sanidade. Cero burocracia para ti.
Asistencia telefónica e presencial para manter os teus equipos sempre operativos.
Preguntas frecuentes
Que hai que ter en conta ademais de comprar o desfibrilador?
Ademais do equipo, cómpre dalo de alta no rexistro público e adquirir o material adicional obrigatorio de axuda á RCP.
É necesario facer un mantemento anual?
O noso equipo está deseñado para que o propio cliente poida facer o mantemento anual sen custo adicional nin ter que contratar novos servizos. Abonda con descargar unha app e vincular o desfibrilador a un ordenador mediante un cable USB ou directamente desde o teléfono móbil con tecnoloxía NFC (dispoñemos de asesoramento informático).
Fai falta que alguén estea formado para usalo?
É necesario que o persoal estea formado por unha entidade acreditada para poder facer unha reanimación de calidade e usar o desfibrilador con rapidez. No caso de que non haxa ninguén formado, o DESA guía por voz paso a paso e só administra descarga se detecta un ritmo desfibrilable. Deste xeito, calquera persoa pode usalo seguindo as instrucións do persoal sanitario do 061.
Se teño unha empresa, podo bonificar a formación?
Xestionamos créditos da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae), de modo que, se se conta con crédito suficiente, a formación pode ser completamente gratuíta.
Canto se tarda en instalalo?
Habitualmente instalamos en menos dunha semana desde a aceptación do orzamento, e en casos urxentes deixamos espazos operativos en 24 horas.
Os desfibriladores caducan?
O equipo non, pero os eléctrodos e a batería si teñen data de caducidade. Por iso o mantemento non é opcional: un desfibrilador con consumibles caducados non serve de nada nunha emerxencia.