En colaboración con FORSAGAL
Impartimos o curso de soporte vital básico e manexo do DESA xunto con FORSAGAL, entidade galega especializada en formación sanitaria. Persoal docente acreditado e con ampla experiencia en emerxencias.
Formamos o teu equipo nas túas instalacións. Curso de soporte vital básico e manexo do desfibrilador, bonificable con Fundae.


Formación impartida en colaboración con FORSAGAL, Formación Sanitaria de Galicia.
Ter un desfibrilador é o primeiro paso; saber actuar nos primeiros minutos dunha parada cardíaca é o que salva vidas. Por iso formamos as persoas que van estar xunto ao equipo, da man de FORSAGAL: unha asociación dedicada á formación en soporte vital, con docentes do ámbito sanitario e material de simulación actualizado.
Impartimos o curso de soporte vital básico e manexo do DESA xunto con FORSAGAL, entidade galega especializada en formación sanitaria. Persoal docente acreditado e con ampla experiencia en emerxencias.
Curso presencial de 4,5 horas que segue as recomendacións do Consello Europeo de Resucitación (ERC), cunha parte teórica e prácticas de reanimación e desfibrilación sobre casos simulados.
Desprazámonos ao teu centro con todo o material para impartir a formación; así, o teu equipo practica no mesmo espazo onde está instalado o desfibrilador.
Xestionamos os créditos da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae): se a túa empresa conta con crédito suficiente, a formación pode ser completamente gratuíta.


Pensado para calquera persoa que poida ser a primeira en atender unha emerxencia: persoal de empresas e centros, adestradores deportivos, socorristas, vixilantes de seguridade, voluntariado ou corpos de seguridade. Ao rematar, cada participante será capaz de:
O temario percorre a cadea de supervivencia e a importancia da desfibrilación precoz, os algoritmos de soporte vital básico e OVACE, e o funcionamento do desfibrilador semiautomático. Remata cunha avaliación teórica tipo test e unha práctica na que se simula unha parada cardiorrespiratoria. Ao rematar a formación, o alumnado recibirá unha certificación individual avalada por instrutores pertencentes ao Consello Español de Resucitación Cardiopulmonar (CERCP).
Desfibrilador semiautomático pensado para que calquera persoa poida actuar e salvar unha vida. A opción ideal para centros deportivos, centros educativos, residencias e calquera outra instalación comercial ou empresarial.
Facemos un estudo gratuíto do teu espazo e recomendámosche o equipo e a localización óptima. Tamén dispoñemos de desfibriladores para contornos hospitalarios.
Ver a nosa gama
Semiautomático ou manual, equipo robusto para servizos de emerxencias e primeiros intervenientes.
Ver ficha do produto
Monitor desfibrilador multiparamétrico ultracompacto para soporte vital avanzado nos servizos de urxencias extrahospitalarias.
Ver ficha do produto
Monitor desfibrilador multiparamétrico de última xeración, ideal para servizos hospitalarios e atención primaria.
Ver ficha do produto
Monitor desfibrilador multiparamétrico. O máis completo, con configuración avanzada para calquera necesidade e opcións de configuración.
Ver ficha do produtoTodo o que necesitas para cumprir a normativa, nun plan adaptado.
Equipo de última xeración con garantía de por vida, sinalización e vitrina con alarma.
SVB e uso do DESA con certificado oficial, impartida por persoal sanitario en activo.
Instalación e configuración do equipo no momento da entrega. Listo para usar.
Mantemento preventivo e posterior ao uso: batería, eléctrodos e autodiagnóstico.
Tramitamos a alta na Consellería de Sanidade. Cero burocracia para ti.
Asistencia telefónica e presencial para manter os teus equipos sempre operativos.
Calquera persoa, sen coñecementos previos. Está pensado para quen pode ser o primeiro en actuar ante unha emerxencia: persoal de empresas e comercios, profesorado, adestradores, socorristas, persoal de seguridade ou voluntariado.
O curso de soporte vital básico e manexo do DESA é presencial e dura 4,5 horas, entre teoría, prácticas e avaliación final.
Cunha proba teórica tipo test, na que hai que acertar polo menos o 75 % das preguntas, e unha avaliación práctica na que se simula unha parada cardiorrespiratoria.
Depende de cantas persoas haxa que formar. Cóntanos o teu caso e enviámosche un orzamento sen compromiso; se a túa empresa ten crédito de Fundae, a formación pode saírche gratis.
Xestionamos créditos da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae), de modo que, se se conta con crédito suficiente, a formación pode ser completamente gratuíta.
Habitualmente instalamos en menos dunha semana desde a aceptación do orzamento, e en casos urxentes deixamos espazos operativos en 24 horas.
O equipo non, pero os eléctrodos e a batería si teñen data de caducidade. Por iso o mantemento non é opcional: un desfibrilador con consumibles caducados non serve de nada nunha emerxencia.