Oficinas en Vigo e na Coruña
Luns a venres 09:00–19:00 629 10 69 44
Centros educativos · 22 de maio de 2023

O CEIP Xunqueira II xa é un espazo cardioprotexido

A ANPA Andaina e o colexio instalan un DESA grazas á iniciativa dunha nai, á colaboración das familias e a un curso de RCP para o profesorado.

Corredor do CEIP Xunqueira II co sinal de desfibrilador e o DESA na súa vitrina vermella
Foto: ANPA Andaina

O CEIP Xunqueira II celebra a instalación do seu desfibrilador cun «¡Lográmolo!». Todo comezou cunha nai que tivo a idea de conseguir un DESA para o colexio, trasladou a proposta á ANPA e á dirección do centro e encargouse de levar o proxecto adiante de principio a fin.

A instalación

  • Boa acollida da proposta por parte da dirección do colexio
  • Familias e persoal do centro colaboraron en canto se lles pediu axuda
  • Curso de RCP básica para o profesorado, para estar mellor preparados ante unha emerxencia

«O cole facémolo tod@s», lembra a ANPA Andaina: un exemplo de como unha comunidade educativa pode cardioprotexer o seu centro cando se propón.

Fonte: Lográmolo! O CEIP Xunqueira II xa é un espazo cardioprotexido, ANPA Andaina (CEIP Xunqueira II).

Ver todos os clientes
CONTACTO

Falamos do teu proxecto?

Solicita o teu orzamento gratis
Resposta garantida en menos de 24 h.
WhatsApp